Mostrando entradas con la etiqueta mequedoencasa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mequedoencasa. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de abril de 2020

RETO 10

Boas de novo chicos, hoxe vos traemos un reto moi divertido e co que poderedes xogar todos os que estades na casa.

O primeiro que tedes que facer e buscar pola vosa casa unhas fichas ou calqueira cousa que podades utilizar coma tal; lentellas, garavanzos, .... e un dado mínimo!


Se non atapades un dado, non vos preocupes, aqui vos deixamos unha plantilla para que descarguedes e podades montar un!

O xogo e moi sinxelo, tira o dado, fai a proba, o que primeiro chegue con todas as súas fichas de volta a casa...GAÑA!!!!!


PLANTILLA DADO: 



E recordade que este RETO puntúa dobre, animádevos!

Bulide!


lunes, 6 de abril de 2020

RETO 7

Benvidos/as a unha nova semana
esta semana ven cargadiña de novos e xeniais retos.
Estades dispostos e dispostas a superalos?

Para o reto de MENTE EN FORMA teredes que ter esa mente moi moi ben exercitada, xa que este reto é para memorizar uns trabalinguas. 
Seredes capaces de recitalos á cámara?
para este resto non fai falla que mostres a cara no video pero si tes que falar alto e claro

Ahí van uns trabalinguas!


El suelo está enladrillado, 

¿quién lo desenladrillará? 
El desenladrillador que lo desenladrille 
buen desenladrillador será. 



Me han dicho que tú has dicho

un dicho que yo he dicho.
Ese dicho está mal dicho,
estaría mejor dicho que 
el dicho que a mí me han dado. 


Tres tristes tigres 

comen trigo en un trigal.
Tanto trigo tragan 
que los tres tigres tragones
con el trigo se atragantan. 



Yo tengo una gata ética,

pelética, pelinplampética, 
pelada, peluda, pelinplampuda.
Con siete gatitos éticos,
peléticos, pelinplampéticos, 
pelados, peludos, pelinplampudos. 
Si la gata no fuera ética
pelética, pelinplampética,
pelada, peluda, pelinplampuda,
los siente gatitos no serían éticos,
peléticos, pelinplampéticos,
pelados, peludos, pelinplampudos.



Cuenta cuántos cuentos cuentas,

porque si no cuentas cuántos cuentos cuentas,
nunca sabrás cuántos cuentos contaste.



Aviso al público de la república

 que el agua pública se va a acabar,
para que el público de la república
tenga agua pública para tomar.



Mariana Magaña

desenmarañará mañana
la maraña que enmarañara
Mariana Mañara.



Non me digades que non son divertidos os trabalinguas, a que parecen máis doados do que realmente son!


Pois por outro lado vos propoñemos na parte de CORPO EN FORMA un xogo tradicional moi sinxelo e divertido tamén:  A RAIOLA!

Estamos seguras de que todos e todas vós xogachedes algunha vez a este marabilloso xogo e que sabedes ben as súas regras; pero por se vos esquecestedes vamos recordalas de maneira rápida:




1. Tes que colocar no chan, do xeito que podas (con cartóns, nunha sabana vella, en folios pegados,...) números do un ao nove 

2. Teras que tirar un obxecto pequeno, como a plastilina por exemplo,dende o 1 ate o final, e saltar de número en número SEN PISAR O NUMERO NO QUE SE ATOPA O NOSO OBXECTO


3. Ao vir de volta recolles o obxecto e volves a empezar o proceso ate completar todo o cirucito 


Veña xentiña, é moi doado e ademáis podedes xogar todos xuntos, quen aguantará máis?

Bulide!

E recordade que estamos desexando ver os vosos videos coas vosas familias!



viernes, 3 de abril de 2020

RETO 6


Boas chicos, xa chega a finde e con ela un montón de cousas chulas e divertidas para facer!

Imos comezar!

Na proposta de hoxe de MENTE EN FORMA traémosvos un reto moi pero que moi especial.


Coma ben sabedes estamos nunha situación moi complicada e todos temos que poñer o noso graniño de area. Por iso mesmo vos propoñemos decorar a ventá da vosa habitación con este precioso atrapavirus.

Non tedes escusa algunha para non facelo xa que recordade que o máis importante sempre e adaptarnos os materiales e as cousas que temos nas nosas casas pois a reutilización é o máis importante.




Que voe a imaxinación!

Recordade mandarnos un video tanto de coma o elaborades!

Pola contra non pode ser menos divertida a proposta de CORPO EN FORMA na que vos animamos a facer o seguinte reto.

Seguro que alguna vez xogachedes ao xogo da oca, pois ben, este é moito máis divertido, e sobre todo, moito mais movido.

Queres xogar?

Só precisas dun taboleiro da oca, un dado e moitas ganas de pasalo ben.

Listos?
Quero escoitar un siiiiiiii


Lembra que tes que facer o que toque en cada casilla e os teus contrincantes deben ser os xiuces do teu reto


  1. Salta 10 veces chocando as mans enriba da cabeza
  2. Fai 5 sentadillas
  3. Camiña 50 pasos pola túa casa
  4. Salta a pata coxa 15 veces
  5. Pozo: se caes no pozo debes volver comenzar dende o principio
  6. Aguanta o equilibrio sobre un pé 15 segundos
  7. Baila a canción do “baby shark”
  8. Reta a alguen da túa familia a un pulso
  9. Repta polo pasillo como unha serpe
  10. Salta cos pes xuntos 10 veces
  11. Fai unha voltereta enriba de algo brandiño
  12. Salta 10 veces abrindo e pechando as pernas e os brazos á vez
  13. Pozo: se caes no pozo debes empezar dende a casilla 6
  14. Roda coma unha croqueta polo pasillo
  15. Baila a canción “soy una taza, una tetera,…”
  16. Camiña 50 pasos pola túa casa
  17. Salta á pata coxa 15 veces
  18. Reta a alguen da tua familia a un pulso
  19. Repta polo pasillo coma unha serpe
  20. Prisión: para saires da prisión tes que sacar un 5 ou superar un reto que che fagan
  21. Salta 10 veces chocando as mans enriba da cabeza
  22. Fai 5 sentadillas
  23. Camiña 100 pasos pola túa casa
  24. Roda coma unha croqueta polo pasillo
  25. Salta cos pes xuntos 15 veces
  26. ¡NORABOA! ¡REMATACHES A OCA DEPORTIVA!



Estamos deseando que disfrutedes con estos dous restos!

E non vos esquezades, mandade os vosos videos con todos xogando, así teremos unha morea de puntos!

UN DIA + 
É UN DIA -
😊



jueves, 2 de abril de 2020

Conto moi especial...

Bos días rapaces!

Coma van eses retos?

Xa os conseguíchedes? 

Mandáchedes xa o voso video?

Pois hoxe vos traemos un video moi xeitoso, grazas a Papiroflexia se nos conta un SuperConto moi chulo a verdade.




Dalle o video e disfruta!

lunes, 30 de marzo de 2020

CLASIFICACIÓN XERAL: CAMIÑO DOS 5.000 PUNTOS


Completamos a primeira semana do proxecto "Xaque ao Virus". Unha primeira semana con 3 retos propostos aos escolares de 30 centros educativos da cidade e que fomentaron a participación das familias na sua consecución.


Despois desta primeira semana recibimos máis de 700 respostas en forma de fotos e vídeos. Esto supón pasar da barreira dos 4000 puntos en só 7 día. Puntos que se traducen en outros tantos Antivirus para a "loita virtual contra o Coronavirus".


A continuación presentamos os puntos obtidos por cada centro participante.