Mostrando entradas con la etiqueta RETO 6. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RETO 6. Mostrar todas las entradas

viernes, 3 de abril de 2020

RETO 6


Boas chicos, xa chega a finde e con ela un montón de cousas chulas e divertidas para facer!

Imos comezar!

Na proposta de hoxe de MENTE EN FORMA traémosvos un reto moi pero que moi especial.


Coma ben sabedes estamos nunha situación moi complicada e todos temos que poñer o noso graniño de area. Por iso mesmo vos propoñemos decorar a ventá da vosa habitación con este precioso atrapavirus.

Non tedes escusa algunha para non facelo xa que recordade que o máis importante sempre e adaptarnos os materiales e as cousas que temos nas nosas casas pois a reutilización é o máis importante.




Que voe a imaxinación!

Recordade mandarnos un video tanto de coma o elaborades!

Pola contra non pode ser menos divertida a proposta de CORPO EN FORMA na que vos animamos a facer o seguinte reto.

Seguro que alguna vez xogachedes ao xogo da oca, pois ben, este é moito máis divertido, e sobre todo, moito mais movido.

Queres xogar?

Só precisas dun taboleiro da oca, un dado e moitas ganas de pasalo ben.

Listos?
Quero escoitar un siiiiiiii


Lembra que tes que facer o que toque en cada casilla e os teus contrincantes deben ser os xiuces do teu reto


  1. Salta 10 veces chocando as mans enriba da cabeza
  2. Fai 5 sentadillas
  3. Camiña 50 pasos pola túa casa
  4. Salta a pata coxa 15 veces
  5. Pozo: se caes no pozo debes volver comenzar dende o principio
  6. Aguanta o equilibrio sobre un pé 15 segundos
  7. Baila a canción do “baby shark”
  8. Reta a alguen da túa familia a un pulso
  9. Repta polo pasillo como unha serpe
  10. Salta cos pes xuntos 10 veces
  11. Fai unha voltereta enriba de algo brandiño
  12. Salta 10 veces abrindo e pechando as pernas e os brazos á vez
  13. Pozo: se caes no pozo debes empezar dende a casilla 6
  14. Roda coma unha croqueta polo pasillo
  15. Baila a canción “soy una taza, una tetera,…”
  16. Camiña 50 pasos pola túa casa
  17. Salta á pata coxa 15 veces
  18. Reta a alguen da tua familia a un pulso
  19. Repta polo pasillo coma unha serpe
  20. Prisión: para saires da prisión tes que sacar un 5 ou superar un reto que che fagan
  21. Salta 10 veces chocando as mans enriba da cabeza
  22. Fai 5 sentadillas
  23. Camiña 100 pasos pola túa casa
  24. Roda coma unha croqueta polo pasillo
  25. Salta cos pes xuntos 15 veces
  26. ¡NORABOA! ¡REMATACHES A OCA DEPORTIVA!



Estamos deseando que disfrutedes con estos dous restos!

E non vos esquezades, mandade os vosos videos con todos xogando, así teremos unha morea de puntos!

UN DIA + 
É UN DIA -
😊