INSTRUCIÓNS "XAQUE AO VIRUS"

Que é "Xaque ao Virus"?

É unha proposta en liña para o fomento da saúde tanto mental como física adaptada á situación do confinamento familiar no que a sociedade española está inmersa debido á pandemia provocada polo coronavirus. Dita proposta está orientada a todos os escolares rexistrados nos programas municipais “Deporte non Centro”, “Ocio Educativo” e “ Luditarde”, para así seguir mantendo a oferta de educativa a todas aquelas familias rexistradas nos devanditos programas.

Obxectivo do xogo

O Xogo consiste na superación de diferentes retos semanais para conseguir unha serie de puntos ou “antivirus” necesarios para derrotar ao coronavirus e avanzar postos na clasificación xeral.


Que son os Retos?

Son probas sinxelas que tes que superar para acumular puntos para o teu colexio. Cada reto constará de dúas probas:

- Proba CORPO EN FORMA: Serán tarefas que teñen que ver coa actividade física e o deporte e que poderás facer en casa.

- Proba MENTE EN FORMA: Serán tarefas que fomentarán o desenvolvemento da túa creatividade. Cun pouco de imaxinación, seguro que as feixes facilmente.

Os retos publicaranse no blogue do xogo creado para o teu colexio os luns, mércores e venres ás 12:00 h. DISPÓS DE 36 HORAS PARA REALIZAR CADA RETO.


Como supero os retos?

É moi sinxelo bastará con que envíes unha foto do reto ou un vídeo á dirección de correo electrónico deste blogue.


LEMBRA QUE A FOTO VALE 1 PUNTO E O VÍDEO 10 PUNTAZOS!!!


Podes animar a participar a algunha persoa da casa ou compañeiro/a do teu cole aínda que non sexa desta actividade. Neste caso terás puntuación extra para o teu cole.

1 punto se envías foto e 10 puntos se envías vídeo.