Mostrando entradas con la etiqueta xaque ao virus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xaque ao virus. Mostrar todas las entradas

sábado, 4 de abril de 2020

Boas chicos!

Ola chicos, que tal estades?

Nós a verdade é que moi contentas e por iso fixemos uns vídeos para felicitarvos pola gran participación que estades a ter no xogo dos retos. 


Pronto estaremos de novo xuntos!



Recordade que nos podedes mandar mensaxes as monitoras e estaremos encantadas de respondérvolos!

Moitos, moitos bicos!

jueves, 2 de abril de 2020

Conto moi especial...

Bos días rapaces!

Coma van eses retos?

Xa os conseguíchedes? 

Mandáchedes xa o voso video?

Pois hoxe vos traemos un video moi xeitoso, grazas a Papiroflexia se nos conta un SuperConto moi chulo a verdade.




Dalle o video e disfruta!

lunes, 30 de marzo de 2020

CLASIFICACIÓN XERAL: CAMIÑO DOS 5.000 PUNTOS


Completamos a primeira semana do proxecto "Xaque ao Virus". Unha primeira semana con 3 retos propostos aos escolares de 30 centros educativos da cidade e que fomentaron a participación das familias na sua consecución.


Despois desta primeira semana recibimos máis de 700 respostas en forma de fotos e vídeos. Esto supón pasar da barreira dos 4000 puntos en só 7 día. Puntos que se traducen en outros tantos Antivirus para a "loita virtual contra o Coronavirus".


A continuación presentamos os puntos obtidos por cada centro participante.