jueves, 28 de mayo de 2020

UN NOVO SAÚDO!!

Hoxe temos unha sorpresa moi especial para todos e todas vos


Coñecedes a Carlos Nuñez verdade?


Carlos é considerado internacionalmente como un músico extraordinario ( E NON LLES FALTA RAZÓN), dos máis serios e brillantes do MUNDO!!!

Ademáis, conta cunha enerxía moi especial que transmite ca  súa musica.

Sábedes que instrumentos toca a perfección?As flautas e a gaita entre moitos outros (DENDE OS OITO ANOS!!!).. E ese non foi o unico logro que tivo dende ben cativo, aos 12 anos actuou no Lorient (Festival de recoñecemento internacional)

Sen dúbida é unha peza clave dentro da nosa cultura, a cultura galega, ademáis é a verdadeira mostra da unión que temos todos nós coas terras do norte, as nacións celtas!

Ademáis de un montón de discos nos que nos amosa a gran variedade cultural e musical das nosas raíces, sempre nos sorprende con grandes colaboracións que sen dúbida son unha verdadera marabilla para os nosos oídos. 

Tocou con moitos artistas coñecidos como Bob Dylan, Joni Mitchel, Bon Jovi,..ademais de colaborar cas cantantes Dulce Pontes e Montserrat Caballete e o director de cine Almenabar na pelicula Mar adentro pola que gañou 14 GOYAS, incluído o de MÚSICA!

E falando de premios, os Goyas non son o único: obtivo un Premio Ondas, duas candidaturas aos Grammy latinos e actuou en Roma diante de DOUS MILLÓNS de persoas convocadas polo Papa.


E así é como Carlos foi espallando a música popular por todo o globo terráqueo!

Qué? Cómo vos quedades? É impresionante verdade?

Pois máis impresionante é o que ven a continuación!

↓↓





2 comentarios: