miércoles, 27 de mayo de 2020

RETO 29

Bos dias amiguiños!


Coma xa todos sabedes comenzamos esta aventura o 23 de marzo publicando o primeiro reto deste XAQUE AO VIRUS. Dende entón non paráchedes de conseguir anticorpos superando os distintos retos que vos íamos propoñendo, e todo esforzo trae a súa recompensa xa que entre todos o estamos conseguindo!



É por elo que vos pedimos un último esforzo

xa que hoxe vos traemos o último reto desde blog
a última oportunidade para demostrar que
estamos XUNTOS loitando contra este virus! 


Animádesvos a facelo?


Chegou o día de despedirnos, pero non é un ADEUS senon un ATA PRONTO, por ese motivo, neste último reto imos aprender a despedirnos de diferentes formas e idiomas, para o cal teredes que ter a mente e o corpo listos para conseguirlo!


Como xa sabemos que vos estades encantados gravando videos para conseguir máis puntos, esta vez gravaredes a vosa despedida!



Podes gravar tantos videos como queirades pero teñen que ter un "ATA PRONTO" en:

1. Diferentes idiomas. Sabemos que a pronunciación pode ser un pouquichiño complicada, pero por que non probar a ver como soa?





2.  Linguaxe de signos. Deberedes tentar reproducir este video de tan só 2 segundos, é súper súper fácil!






3. Letras co corpo. Para este precisaredes da axuda dalgún familiar e como é imposible facer todalas letrás á vez podedes sacarvos fotos con cada unha das letras. Outra variante e axudándose de cousas que teñades por casa para recrear as letras, pode ser roupa, utensilios de cociña, o que prefierades pero sempre usando a imaxinación 😊



Esperamos as vosas respostas! 
Gustarannos moito vervos por última vez dandoo todo neste reto final. 


IMOS A POR TODAS!!! 🏁🏆


No hay comentarios:

Publicar un comentario