jueves, 16 de abril de 2020

XUNTANZA VIRTUAL!!

XUNTANZA VIRTUAL POR VIDEOCHAMADA !!

Ola amiguiñ@s! Temos moitas ganas de vervos! ...e ocurríusenos unha idea para que poidamos falar e vernos as caras! Unha Xuntanza Virtual por videochamada!!

Desta maneira poderiamos vernos, e por suposto tamén poderiades ver aos vosos compañeiros e compañeiras. Ademais, se vos apetece mesmo poderedes convidar a outros amiguiñ@s do cole.

Que vos parece a idea??? Animádesvos??? A QUE SERIA XENIAL PODER VERNOS????Cando??...

...pois o vindeiro LUNS DÍA 20 ÁS 16:30 da tarde...

Se vos apetece que o fagamos non dubidedes en enviarnos un correo á seguinte dirección:
fapasanxodagarda@gmail.com

Fariámola a través da plataforma ZOOM. Simplemente teriades que descargala nos vosos móbiles, tablets, computadores... (axudámosvos se tedes dificultades para facelo) e logo só teriades que clicar encima dunha ligazón que vos mandaremos ao correo electrónico e que vos levará directamente á videochamada. 

Agardamos os vosos correos para facer esta xuntanza! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario