sábado, 1 de agosto de 2020

RESPOSTAS RETO 29

Coma non podía ser de outra maneira aquí tedes as respostas ó último reto, o reto de despedida, e unha vez máis estamos super agradecidas coa vosa paricipación ao longo de todo o blog, pero esta vez os superachedes 🎉🎉















MOITISIMAS GRAZAS POR TODO 

ATA PRONTO AMIG@S

😘😘


viernes, 29 de mayo de 2020

DIPLOMAS E MEDALLAS

ENTREGA DE DIPLOMAS E MEDALLAS

Os días 12 e 3 de xuño, no Fórum Metropolitano, de 16:00 a 18:00 h. realizarase unha entrega de diplomas e medallas a todas as nenas e nenos que participaron no noso xogo XAQUE AO VIRUS.

Como o Fórum Metropolitano aínda non está aberto ao público na entrada precisades identificarvos, xa estarán notificados os nomes dos participantes, e será obrigatorio o emprego de mascarilla.

GRAZAS DE NOVO A TODOS

... e seguide atentos que ainda non rematou o conto... 

jueves, 28 de mayo de 2020

UN NOVO SAÚDO!!

Hoxe temos unha sorpresa moi especial para todos e todas vos


Coñecedes a Carlos Nuñez verdade?


Carlos é considerado internacionalmente como un músico extraordinario ( E NON LLES FALTA RAZÓN), dos máis serios e brillantes do MUNDO!!!

Ademáis, conta cunha enerxía moi especial que transmite ca  súa musica.

Sábedes que instrumentos toca a perfección?As flautas e a gaita entre moitos outros (DENDE OS OITO ANOS!!!).. E ese non foi o unico logro que tivo dende ben cativo, aos 12 anos actuou no Lorient (Festival de recoñecemento internacional)

Sen dúbida é unha peza clave dentro da nosa cultura, a cultura galega, ademáis é a verdadeira mostra da unión que temos todos nós coas terras do norte, as nacións celtas!

Ademáis de un montón de discos nos que nos amosa a gran variedade cultural e musical das nosas raíces, sempre nos sorprende con grandes colaboracións que sen dúbida son unha verdadera marabilla para os nosos oídos. 

Tocou con moitos artistas coñecidos como Bob Dylan, Joni Mitchel, Bon Jovi,..ademais de colaborar cas cantantes Dulce Pontes e Montserrat Caballete e o director de cine Almenabar na pelicula Mar adentro pola que gañou 14 GOYAS, incluído o de MÚSICA!

E falando de premios, os Goyas non son o único: obtivo un Premio Ondas, duas candidaturas aos Grammy latinos e actuou en Roma diante de DOUS MILLÓNS de persoas convocadas polo Papa.


E así é como Carlos foi espallando a música popular por todo o globo terráqueo!

Qué? Cómo vos quedades? É impresionante verdade?

Pois máis impresionante é o que ven a continuación!

↓↓





miércoles, 27 de mayo de 2020

RETO 29

Bos dias amiguiños!


Coma xa todos sabedes comenzamos esta aventura o 23 de marzo publicando o primeiro reto deste XAQUE AO VIRUS. Dende entón non paráchedes de conseguir anticorpos superando os distintos retos que vos íamos propoñendo, e todo esforzo trae a súa recompensa xa que entre todos o estamos conseguindo!



É por elo que vos pedimos un último esforzo

xa que hoxe vos traemos o último reto desde blog
a última oportunidade para demostrar que
estamos XUNTOS loitando contra este virus! 


Animádesvos a facelo?


Chegou o día de despedirnos, pero non é un ADEUS senon un ATA PRONTO, por ese motivo, neste último reto imos aprender a despedirnos de diferentes formas e idiomas, para o cal teredes que ter a mente e o corpo listos para conseguirlo!


Como xa sabemos que vos estades encantados gravando videos para conseguir máis puntos, esta vez gravaredes a vosa despedida!



Podes gravar tantos videos como queirades pero teñen que ter un "ATA PRONTO" en:

1. Diferentes idiomas. Sabemos que a pronunciación pode ser un pouquichiño complicada, pero por que non probar a ver como soa?





2.  Linguaxe de signos. Deberedes tentar reproducir este video de tan só 2 segundos, é súper súper fácil!






3. Letras co corpo. Para este precisaredes da axuda dalgún familiar e como é imposible facer todalas letrás á vez podedes sacarvos fotos con cada unha das letras. Outra variante e axudándose de cousas que teñades por casa para recrear as letras, pode ser roupa, utensilios de cociña, o que prefierades pero sempre usando a imaxinación 😊



Esperamos as vosas respostas! 
Gustarannos moito vervos por última vez dandoo todo neste reto final. 


IMOS A POR TODAS!!! 🏁🏆


RESPOSTAS RETO 28

Moi boas rapaces!

Cómo andades hoxe?

Supoño que con moita calor, parece que Lorenzo oa final vaise quedar con nós uns días máis!

😎😎😎😎

Sodes incansables, faga bo tempo, malo , reguleiro,...sempre facedes os retos!

Uns xenios!

Eiquí vos deixamos os videos do reto 28, que a verdade son unha pasada!

A verdade e que de equilibrio andades super ben pois a proba era moi compricada! Somos un pouco rebudas 
😂😂😂

 

E aínda facedes o máis difícil!




Ademáis e que sodes uns verdaderos artistas!


Encantounos coma nos foi contando Mencía a súa elaboración!


Que tamén se animou a facer un lote de figuriñas con pasta de sal!

Chicos, de verdade, orgullosas é pouco, xa non temos palabras para poder agradecervos todo o que estades a facer!
Vos animades con todo!
É xenial!

Por certo, recordade que hoxe ás 16:30 temos unha xuntanza en Zoom!
Aínda non tes as túas claves?
A que estás esperando!
Mándanos unha mensaxe a fapasanxodagarda@gmail.com
Non podes faltar!

MAIS RESPOSTAS DO RETO 26!

Non parades de traballar!

Con todo o voso traballo paramos o virus de seguro!

Eiquí vos deixamos outro video de Mencía e do seu títere!

Que chulo quedou!