Que hai de novo? hoxe traemosvos unha deliciosa...
TARTA DE LIMON E QUEIXO FRIA!!

– 2 paquetes de galletas
– 250 gr. de margarina
– Ralladura de 2 limóns
– Zume de 1 limón e medio
– 1 brick pequeno de nata (200 ml)
– 300 gr de queixo Philadelphia
– 250 gr de azucre
– 1 sobre de xelatina de limón
Como se fai? Facilísimo!!
Trituro as galletas na batedora. Unha vez trituradas póñolles a margarina e vólvoas a bater outro ratito para que se mesture ben.
Esa pasta póñoa nun molde (o molde, se é de cinto mellor xa que queda bastante ben presentada) e vouna esmagando coas mans para que quede ben compacta.
Poño a ferver 250 ml de auga, cando está a ferver bótolle o sobre de xelatina e remóvoo ata que se disolva ben.

Á neveira.
Esta torta convén facela o día anterior para que a xelatina cuaxe ben durante 24 h na neveira.
Pódese decorar con amorodos por encima ou feixes outro sobre de xelatina de limón e cando está callada a picas en cuadraditos e bótaslla por encima.
No hay comentarios:
Publicar un comentario