lunes, 18 de mayo de 2020

RETO 25

Boas a todos amigos!!!
Quen non coñece esta cancion?🎵🎵


Pois para o reto de hoxe nos trasladaremos a un mundo cheo de color, un mundo de ilusión, pleno de alegría e de emoción. 
O  CIRCO! 
Soa divertido, verdade?


Pois comenzamos! Para o reto de MENTE EN FORMA, nos convertiremos en pallasos!!
E, como o faremos? por teremos que construir o noso propio photocall y sacar cantas fotos divertidas queirades!! 
Podedes incluso grabar videos cantando unha canción 🎤, contando un chiste 😂😂, poñendo caras divertidas 😁😆😋😎😝😬😵... o que se vos ocurra! 
Seguro que vos teredes moitas ideas, xa que sabemos que sodes medio pallasos!!😉😉

Aquí os deixamos algunhas ideas para o photocall!




Unha vez convertidos en pallasos agora deberedes actuar coma eles, seredes capaces de superar este reto de CORPO EN FORMA?

EQUILIBRISTAS!
Este reto podedelo facer na casa ou na rúa. Para facelo na casa deberedes marcas unha liña no chan sobre a que camiñar sen "caer ao vacio". A liña podédela marcar con cinta adhesiva, con unha corda, con unha bufanda...
Se prefires facelo na rúa, debes camiñar polo borde de unha veirarúa sen caer! Moito coidado coa calzada, por elo e mellor buscar un lugar onde non haxa moitos coches ou incluso un parque.

Unha vez superdada esta proba se queres podes complicala un pouco máis. Podes probar a realizar o equilibrio sobre unha pelota. 
Pide axuda a alguén da casa para subir á pelota e proba primeiro cos dous pés sobre a pelota, despois con un só pé, soltando as mans,... Moito coidado de non caer e mancarte!

Esperamos ver os vosos videos, seguro que serán moi divertidos!





Xa o sabedes, podes enviarnos os teus videos a fapasanxodagarda@gmail.com e seguiremos sumando máis puntos! 

Lembrade: 10 puntazos por cada video!

Se tes algunha dúbida ou dificultade para superar as probas podes consultalo cos educadores do colexio. Tes toda a información na pestana "CONSULTAS" da páxina principal deste blogue.

E non esquezades que para poder publicar as vosas respostas os retos precisamos que teñades cuberta a autorización de imaxe!
Se aínda non a tes, pincha na seguinte ligazón:


No hay comentarios:

Publicar un comentario