"A MENSAXE SECRETA"
Para este reto de Mente en Forma faremos un experimento moi chulo, crearemos tinta máxica invisible. Para crear a tinta só precisaremos
- Un folio
- O zume dun limón
- Un pincel ou bastonciño de algodón
- Unha vela ou fonte de calor (plancha)
Toma o pincel ou bastonciño, humedece a punta con zume de limón e escribe sobre un papel. Logo déixao secar e a mensaxe volverase invisible. Para velo de novo, achega o papel á chama dunha vela e observa como poderás ler a mensaxe.
Nota: se non tes limón na casa podes usar unha laranxa, vinagre ou incluso leite.
Dato Curioso: Na Primeira Guerra Mundial, os axentes infiltrados utilizaban este procedemento para enviar cartas aos seus comandos centrais sen que o inimigo que revisaba a correspondencia désese conta. Isto durou moi pouco porque a medida que avanzou a guerra o bando inimigo deuse conta como descubrir as mensaxes.
"O CHAN É LAVA!"
Neste novo reto dobre de Corpo en Forma practicaremos por un lado a FORZA nas mans e brazos e para poder facelo precisaremos unha corda e un coxín. Se non tedes corda podedes utilizar gravatas do teu pai anudadas unhas a outras.
Ataremos os estremos das cordas a algún obxeto pesado da casa, por exemplo un extremo á mesa do comedor e o outro a unha silla con alguén sentado para que a silla non se mova. Agora colocaremos o coxín no chan e nos tumbaremos cara arriba, colocamos as pernas coma se fosemos koalas abrazando a corda e coa axuda dos brazos e as mans iremos dende un extremos ao outro. Procura que ningunha parte do teu corpo toque o chan se non vaste queimar!
E por outro lado a AXILIDADE. Como sabemos que estades saindo a pasear os propoñemos un reto para facer na rúa moi moi sinxelo.
Recordade que o chan é lava, e polo tanto para este reto deberedes cruzar por un paso de peons sen pisar as liñas negras.
Mandade os videos cos retos superados para seguir sumando anticorpos!
¡¡Para facelo máis divertivo podedesvos cronometrar a ver quen cosegue chegar antes!!
Xa o sabedes, podes enviarnos os teus videos a fapasanxodagarda@gmail.com e seguiremos sumando máis puntos!
Lembrade: 10 puntazos por cada video!
Se tes algunha dúbida ou dificultade para superar as probas podes consultalo cos educadores do colexio. Tes toda a información na pestana "CONSULTAS" da páxina principal deste blogue.
E non esquezades que para poder publicar as vosas respostas os retos precisamos que teñades cuberta a autorización de imaxe!
Se aínda non a tes, pincha na seguinte ligazón:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfk67D-SR6PjBRDOhylnq46nUyWKQn2kAdZBiCT5PLxWzLuPA/viewform
No hay comentarios:
Publicar un comentario