Hoxe vos traémos un reto moi divertido.
Na parte de CORPO EN FORMA vos presentamos un reto moi sinxelo e divertido.
Seredes capaces? Xa sabedes que se intentamos as cousas, con esforzo podémolas acadar!
Pola contra no apartado de MENTE EN FORMA vos retamos a un reto moi movido.
Coñecedes a BANDA DA LOBA?
Seguro que vos recordades dalgunha canción que temos traballado no cole e...estamos argallando algo...a cabeza non para, xa o sabes! 😁
Asi que vos propoñemos unha cousa moi sinxela, que bailedes!
A canción que vos propoñemos é a seguinte;
"Fabricando luz"!
Pincha na imaxen e a movelo esqueleto!
Recordade que tamén podedes facer un debuxo ou escribir unha frase e mandarnos un video amosándonolo.
Xa o sabedes, podes enviarnos os teus videos a fapasanxodagarda@gmail.com e seguiremos sumando máis puntos!
Lembrade: 10 puntazos por cada video!
Se tes algunha dúbida ou dificultade para superar as probas podes consultalo cos educadores do colexio. Tes toda a información na pestana "CONSULTAS" da páxina principal deste blogue.
E non esquezades que para poder publicar as vosas respostas os retos precisamos que teñades cuberta a autorización de imaxe!
Se aínda non a tes, pincha na seguinte ligazón:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfk67D-SR6PjBRDOhylnq46nUyWKQn2kAdZBiCT5PLxWzLuPA/viewform
No hay comentarios:
Publicar un comentario