jueves, 7 de mayo de 2020

RECEITA BROWNIE

Boas amiguiños! hoxe vos traemos a receita dun riquisimo brownie de chocolate, anivádevos a probalo!!!

BROWNIE DE CHOCOLATE

O primeiro é prequentar forno ao máximo.

Ingredientes:

  • 250 gramos de chocolate- o que queirades- eu adoito usar  Nestlé de postres.
  • 250 gramos de manteiga
  • 4 ovos
  • 500 gramos de azucre
  • 250 gramos de fariña
  • 4 chiscos de sal

Opcional: noces ou abelás ou  pistachos ou piñóns ou pasas
Opcional: cacao en po ou azucre  glass para decorar

Elaboración:
Xa sexa cun microondas ou ao lume hai que  derretir a manteiga e o chocolate nun  bol. Noutro  bol bater os 4 ovos e engadir o medio quilo de  azucar. Tirar a masa de ovos e azucre ao chocolate e manteiga e mesturar. 
Agregar a fariña e o sal á mestura única e unir todo ben.
Os  moldes cadrados ou rectangulares van mellor, a idea é que a masa quede nunha fina capa uniforme. Se o  molde é demasiado pequeno quedará sen facer no centro. Cubrir o  molde con papel de aluminio e  engrasar o  molde para que o pastel non se pegue ao  molde.
Antes de  verter a mestura no  molde…se vos gustan gústanvos os froitos secos opcionais agora sería o momento ou de engadilos á mestura ou decorar o  brownie por encima.

Baixa o forno a 180º e déixao 30 minutos máis ou menos, cada forno é distinto, eu pico o centro cun coitelo ata que sae limpo, e sácoo.

Cando se arrefríe un pouco sácao do  molde e se tes cacao en po ou azucre  glass podes  espolvorear un pouco sobre a ‘pasta de chocolate’ e quedará máis coqueto.
  
E listo para comer!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario