martes, 26 de mayo de 2020

Cookies ao microondas

Boas a todos amiguiños, hoxe vos traemos unha receta fácil, rápida e rica para facer galletas ao microondas. Esperamos que as disfrutedes!🍪🍪

Ingredentes:

130 gr de fariña
4 gr de fermento químico
60 gr de azucre
60 gr de manteiga
40 ml de zume de laranxa
2 culleradas de chocolate partido


Nun recipiente mesturamos a fariña, o fermento e a azucre. 
Engadimos a manteiga fría e integrámola. É importante usar un garfo ou outro instrumento de cociña en lugar das mans para non quentar a mestura. Quedará unha masa  arenosa.
Engadimos o zume de laranxa e as 2 culleradas de chocolate picado. Mesturamos todo ben ata ter unha masa homoxénea.
Facemos bólas do tamaño dunha noz, esmagámolas lixeiramente, poñemos en papel de forno sobre un prato ou recipiente plano para microondas.
Levamos ao microondas 3 minutos a 800  W.
Sacamos do microondas e deixamos arrefriar nunha reixa durante 10 minutos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario