martes, 5 de mayo de 2020

Chegou o Rock!

Moi boas rapazada!

Hoxe é un día moi especial pois temos unha supermensaxe con moito rock!

Estamos moi contentas pois sabedes quen nos deixou un anaquiño para vós?


Pako Pakolas!!!!

Si, Si, o que ledes!

Baldomero lero lero, os teus cartos valen cero!


Pois eiqui vos deixamos un video de "Cores, Contos e Rock´n´Roll" con Pakolas e Laura Romero

 Como xa todos sabedes Paco Pakolas é músico e compositor e defínese coma un rockeiro guitarreiro, creando música para todos os públicos con letras adaptadas aos máis cativos da casa.

Paco Cerdeira  dedícase ao público infantil dende fai máis de 13 anos cunha longa traxectoria neste campo. Comezou a súa andaina coma membro de Mamá Cabra e tras case 10 anos decide formar  unha banda de música infantil nacendo así A Gramola Gominola que conta xa con dous 
 libro-discos editados por Sonárbore (Ed Galaxia), “A Gramola Gominola” (2015) do que é autor de tódalas cancións, e “Canciones para desafinar” (2017).

A finais do 2015 comeza cun proxecto persoal e nace a proposta de "Pakolas" no que segue a traballar para os nenos con letras e composicións de seu. No ano 2017 sae a luz

 un libro-disco editado po la Editorial Galaxia na súa  Sonárbore, co seu nome “Pakolas”, que conta con dez cancións en galego feitas en colaboración e co apoio do Colexio Profesional de Logopedas de Galicia. O seu espectáculo en pequeno formato individual leva xirando por toda Galicia dende abril de 2017.

Así que xa o sabedes chicos, o gran Pakolas quixo estar ao voso carón nestes días tan especiais e mandóunos isto para vós!

Desfrutade e que viva o Rock!




No hay comentarios:

Publicar un comentario