
Proba Mente en Forma
"A ÁRBORE"
Como sabemos que vos gusta moito debuxar( e facédelo moi ben), o noso reto de hoxe consiste niso: collede un papel, as vosas cores,lápices, rotus ou pinturas e imos aló.
Primeiro comezade dibuxando unha árbore ben bonita, co seu tronco e moitas ramas que as ides necesitar.
A continuación, en cada unha das ramas tedes que dibuxar a cara, ou poñer o nome, dun familiar voso ao que queredes ben (mamá, papá, avós/as, primos/as,...)
Tamén podedes representar as vosas amizades, sabemos que as botades de menos (do cole, das actividades extraescolares, do parque,...)
e se tes mascota non dudes en debuxala tamén, encantaríanos coñecela 😊
Cando teñades ven cheo a vosa árbore lembrádevos de enviarnos una foto...
QUEREMOS COÑECER A TODAS ESAS PERSONAS AS QUE TANTO QUERES!!
"A BÚSQUEDA DO TESORO"
Para este xogo debemos convertirnos en auténticos piratas, deses que levan un parche no ollo e un loro no hombro.
Cada membro da familia deberá escoller un obxeto para agochar e enseñalo aos demais para que todos saibades o que tendes que buscar.
Despois, por turnos ides cada un a agochar moi ben agochado ó que elexichedes.
Cando xa todos haiamos agochado o noso obxeto comezará o tempo para ir buscar o obxeto dos demáis, tes que atopar o que agocharon os demais.
Quen consiga atopar mais obxetos será o gañador desta proba!
Se queredes podedes agochar máis de un obxeto por persoa, así o xogo será máis divertido.
¡Que vos divirtades xogando e esperamos as vosas fotos ou videos con moitas ganas!
¡ANIMO QUE XA QUEDA MENOS!
Ah! estade atendos ao blog, haberá contos, recetas, e un monton de cousas interesantes que iremos poñendo para vós 😉😉😉
No hay comentarios:
Publicar un comentario