Que será será?
Neste novo reto de mente en forma poredes en práctica o voso sentido táctil. Para elo precisades de unha bolsa ou caixa e obxectos para meter dentro que poidas tocar sen problemas de te mancar. Estes obxectos deberán escollelos alguén da túa familia sen que os vexas, así será un pouquiño máis difícil pero seguro que poderás adiviñalos todos.
Cos ollos pechados ou cubertos cunha cinta debes meter a man dentro da bolsa ou caixa e adiviñar o obxecto que é simplemente con tocalo.
Seredes capaces de adiviñar todo o que hai dentro?
Podedes xogar tantas veces como queirades, cambiando os obxectos e retando a alguén novo de cada vez.
É moi divertido.
"Suavicesto"
Para este reto de Corpo en forma é necesario que constrúas o teu propio " suavicesto" reciclado. Para iso necesitarás unha botella de deterxente con asa, se non tes suavizante con asa podes usar calquera outro material pero lembra, canto máis pequeno máis difícil. Realizaraslle, coa axuda dun adulto, un corte para convertelo en cesto.
Podemos usar pelotas de tenis ou algunha outra que teñamos en casa. Mesmo pelotas feitas con bolsas de lixo, xornais, papel de aluminio...
Podemos realizar diferentes xogos co suavicesto só ou por parellas:
Lanzar e atrapala con bote
Lanzar e atrapar sen bote
Atrapala tras rebote nun parede
Por parellas tentar encestar no bote do outro
Por parellas tentar atrapar a pelota no aire
(podedes facer cantas combinacións queirades)
No hay comentarios:
Publicar un comentario