Para reto de MENTE EN FORMA, faremos instrumentos musicais moi chulos con un material de refugallo que seguro teredes todos na casa.
A FRAUTA: para facer está frauta só precisamos palliñas de beber e cinta adhesiva.
AS MARACAS: para as maracas precisamos botellas de auga pequeñas e valeiras, onde meteremos algo que as faga soar (garbanzos, macarrons, lentellas,...) y por suposto hay q decoralas por fora, eso xq queda ao voso gusto e imaxinación.
OS PLATILLOS: para os platillos precisaremos dúas latas esmagadas, dous cartóns onde pegaremos as latas e corda, lazo ou goma para poder agarrar os nosos platillos coas mans.
cando rematemos os instrumentos xa estamos listos para montar unha boa troula na casa 😊
E coma dixemos antes, hoxe é o dia da danza, q vos parece se para rematar bailamos un pouco para o reto de CORPO EN FORMA?
Aquí vos deixamos un video moi curtiño, cos pasos do baile, veredes que divertido. Se queredes podedes modificar algún paso ao voso gusto.
Esperamos ver os vosos videos con toda a familia bailando!
Cantos máis sexamos mellor o pasaremos!
Xa o sabedes, podes enviarnos os teus videos a fapasanxodagarda@gmail.com e seguiremos sumando máis puntos!
Lembrade: 10 puntazos por cada video!
Se tes algunha dúbida ou dificultade para superar as probas podes consultalo cos educadores do colexio. Tes toda a información na pestana "CONSULTAS" da páxina principal deste blogue.
E non esquezades que para poder publicar as vosas respostas os retos precisamos que teñades cuberta a autorización de imaxe!
Se aínda non a tes, pincha na seguinte ligazón:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfk67D-SR6PjBRDOhylnq46nUyWKQn2kAdZBiCT5PLxWzLuPA/viewform
No hay comentarios:
Publicar un comentario