Mañá vai ser un día moi especial, de feito é un dos días favoritos de moitos nenos, educadores, profesores e xente en xeral....e nos diredes vos...que día é mañá?
O DIA DO LIBRO!
Pero que mellor cousa que desfrutar dos libros pero sempre coidándoos, por iso hoxe no RETO DE MENTE EN FORMA vos propoñemos unha actividade moi sinxela pero que é fundamental para protexer todas as páxinas das aventuras que conteñen!
Xa o sabedes, pincha na imaxen, descarga, colorea e deixa voar a túa imaxinación!
Pero se vos apetece facer algo un pouco máis complicado vos deixamos este outro tutorial co que poderedes facer estes monstruiños tan chulos!
De todos modos xa sabedes que o máis importante é a nosa imaxinación xa que case con calquera cousa podemos facer un marcapáxinas moi orixinal!
O importante é deixar voar a imaxinación!
Pola contra para a parte de CORPO EN FORMA vos imos propoñer un xogo co que desfrutar toda a familia xunta.
1.- Escolle un libro que che guste e escondeo pola casa, no lugar que ti prefiras.
2.-Os xogadores comezan a facerlle preguntas o protagonista (a persoa que agachou o libro) que só poderá responder con SI, NON, PODE.
3.- Cando os xogadores adiviñen de que libro se trataba teñen que atopalo pola casa. O protagonista poderá indicarlles QUENTE OU FRIO según se movan pola casa.
Unha vez, atopado o libro, agacha o seguinte a persoa que o atopou.

Que comece o xogo!
Xa o sabedes, podes enviarnos os teus videos a fapasanxodagarda@gmail.com e seguiremos sumando máis puntos!
Lembrade: 10 puntazos por cada video!
E non esquezades que para poder publicar as vosas respostas os retos precisamos que teñades cuberta a autorización de imaxe!
Se aínda non a tes, pincha na seguinte ligazón:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfk67D-SR6PjBRDOhylnq46nUyWKQn2kAdZBiCT5PLxWzLuPA/viewform
No hay comentarios:
Publicar un comentario