lunes, 20 de abril de 2020

RETO 13

FACEMOS MEMORY?

Estamos seguras de que todos sabedes xogar a este novo reto de mente en forma que os propoñemos pero como non todos temos o xogo en casa temos que ser creativos e con imaxinación imos crear o noso propio xogo de memory.

Para crear as nosas tarxetas precisaremos folios ou cartolinas. Coa axuda dunha regra faremos cadrados ou rectángulos, o que prefirades, pero teñen que ser todos iguais, e o numero de  tarxetas debe ser par para que todas elas teñan parella. 

Unha vez marcadas as liñas temos que recortar por enriba con unha tesoira.

Xa están listas as nosas tarxetas!

Agora con imaxinación temos que debuxar nelas o que queiramos, poden ser flores, animais, figuras, medios de transporte, o que máis os guste, pero lembrade que o memory consiste en encontrar as tarxetas iguais, polo tanto debedes debuxar o mesmo en dúas tarxetas.

¡REMATADO!
XA TEDES UN MEMORY CASERIO
AGORA PODEDES XOGAR CANTAS VECES QUEIRADES

CONSELLO: se tedes en casa cinta adhesiva, cinta de embalar transparente ou mesmo forro de libros adhesivo  podedes forrar as vosas tarxetas para que vos duren moito máis 😉

Aquí tedes algúns exemplos de memory 








OLLO CO OVO!



Este xogo de Corpo en forma é moi divertido porque combina o baile co equilibrio.
Queredes xogar?


Tedes que ter preparada música para bailar, unha culler e un "ovo", mellor que non sexa un ovo de verdade porque despois seguramente teñamos que limpar e non queremos iso, verdade?, o noso ovo pode ser unha bolita feita con papel ou calquera outra cousa que teñades por casa.
E xa estamos listos para empezar a xogar!
Pon a música que che guste
colle a culler coa boca
pon na culler a bolita de papel


A BAILAR, PERO TEN COIDADO NON SE CHE CAIA O OVO
Cando o teñas dominado reta a alguén da túa familia para ver quen consegue bailar máis tempo co ovo na culler!

O enderezo electrónico onde tes que enviar a foto ou o vídeo e o seguinte: fapasanxodagarda@gmail.com

SE QUERES QUE PUBLIQUEMOS O TU RETO NO BLOGUE PULSA AQUI: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9 

Se tes algunha dúbida ou dificultade para superar as probas podes consultalo cos educadores do colexio. Tes toda a información na pestana "CONSULTAS" da páxina principal deste blogue.

No hay comentarios:

Publicar un comentario