viernes, 17 de abril de 2020

RETO 12

RETO 12


MENTE EN FORMA: Sombras Chinesas



Experimentos con sombras. Hoxe propoñemos algo moi divertido: xogar coas sombras. Hai moitas maneriras de facelo e poderedes superar o reto coa que máis vos guste.

Para facer sombras precisades unha fonte de luz,  coma unha linterna, unha lámpada ou mesmo a luz do sol, e unha parede ou lugar onde se proxecten. E logo...a divertirse!


Podes facer formas de animais coas mans:  
https://youtu.be/CysUYEI7I34





Xogar coas sombras dos obxectos,facéndoas mais grandes ou mais pequenas segundo vos acerquedes ou vos alonxedes da luz...






...ou tamén podedes facer os vosos contos con sombras recortando a silueta das personaxes ou inventar as vosas...


¿Qué decides? Animádesvos?

CORPO EN FORMA: O TENIS

Hoxe toca un deporte que facemos no cole e alguns botaredes de menos…pero que tamén podemos facer  na casa… o TENIS.



Xa sabedes como vai a cousa..dúas raquetas e unha pelota pequena…¿Qué non tedes na casa?


 

Xa verás como si …podes empregar como pelota uns calcetins envoltos ou un burruño de papel..e de raqueta..pensade un pouco..mesmo a tapadeira dunha ola ou unha manopla de cociña..non tedes excusa!! Movede ese corpo co reto de hoxe! Ánimo!!


                              🎠    🎠     🎠    🎠

O enderezo electrónico onde tes que enviar a foto ou o vídeo e o seguinte: fapasanxodagarda@gmail.com

SE QUERES QUE PUBLIQUEMOS O TU RETO NO BLOGUE PULSA AQUI: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9 

Se tes algunha dúbida ou dificultade para superar as probas podes consultalo cos educadores do colexio. Tes toda a información na pestana "CONSULTAS" da páxina principal deste blogue.



No hay comentarios:

Publicar un comentario