martes, 28 de abril de 2020

MOUSSE DE DOUS CHOCOLATES


Gustaronvos as tortitas? pois hoxe traemosvos unha nova receita, esta vez de chocolate, a nosa perdición, a quen non lle gusta o chocolate? se sodes tan golosos coma nós seguro que esta mousse os encantará.

Vasiños de mousse de dous chocolates


Ingredientes:

150 gr de chocolate branco
150 gr de chocolate negro ou con leite
500 ml de nata para montar ben fría
300 ml de leite
6 follas de xelatina
4 cucharadas de azucre


Para facer esta delicia temos que meter as follas de xelatina a remollo nun prato cun pouco de auga e montar a nata coa axuda de unas varillas e deixala gardada na neveira mentres preparamos o resto dos ingredientes.
Para preparar o chocolate branco poñemos a ferver nun cazo 150 ml de leite con unha cucharada de azucre. Mentres o leite quenta troceamos o chocolate branco nun cunco. Cando o leite comece a ferver quitámola do fogo e botámola no cunco co chocolate e remexemos ata que este estea completamente derretido

Mentres o chocolate se derrete collemos 3 follas de xelatina e as metemos por 10 segundos no microondas para que queden liquidas. Cando xa non haxa grumos no chocolate botamos a xelatina líquida e remexemos.

Xa está listo o chocolate branco, agora hai que deixalo repousar ata que estea frío (10 minutos no conxelador).
Mentres arrefriar o chocolate collemos a nata montada e a repartimos en dous recipientes grandes.
Unha vez que o chocolate estea frío botámolo aos poucos na nata dando voltas procurando que esta non perda o seu volume.

Unha vez todo ben misturado o botamos nos vasos nos que o imos comer e os metemos no conxelador mentres preparamos o outro chocolate.

Para preparar o outro chocolate repetimos os mesmos pasos pero cando votamos o leite no cazo esta vez botamos 3 cucharadas de azucre e repetimos todo o anterior (derreter o chocolate, botarlle a xelatina, deixar arrefriar e misturar coa nata restante)

Cando xa temos este chocolate preparado e frío, botámolo por riba de chocolate branco e listo!

Agora soamente ten que arrefriar durante 2 horas.
Se queres os podes decorar cunhas virutas de chocolate e a comer!

Esta receita pódela usar para unha tarta. En vez de botalo en vasos podes usar un molde con unha base de galleta con manteiga e quedará espectacular.

No hay comentarios:

Publicar un comentario