martes, 14 de abril de 2020

Bailamos?

Moi boas chicos,

Hoxe imos ter a sorte de botar unhas pezas cun artista que xa visitou o noso cole fai un ano, o recordades?

Pablo Díaz!

Sen dúbida forma parte dunha gran familia de artistas non, artistazos! 

Dende mozo centrou a súa vida no traballo na música tradicional facendo recollidas increíbles por toda Galicia xunto outras persoas como Olga Kirk.

Leva toda a vida adicándose ao mundo da música e a difusión do noso patrimonio cultural e dende fai uns anos, consegue que todos os nenos bailen ao ritmo das súas cancións. 

Por iso, eiqui vos deixamos un concerto que realizou nesta loita contra o virus que nos está a rodear e co que esperamos que disfrutedes tanto coma nós.


A bailar!



No hay comentarios:

Publicar un comentario