Comeza unha nova semana, como andamos de ánimos? Se estades aburridos/as aqui vos traemos o 4º reto.
ÁNIMO!!
PROBA MENTE EN FORMA: "Vou ao supermercado"
Nestes tempos é moi importante lembrarnos de todos os elementos que conforman a nosa listaxe da compra, por isto mesmo imos exercitar a nosa mente con este reto.
Reúne a túa familia, elixide a alguén que comece e diga: "Vou ir a compra e precisamos...(un alimento calquera), a continuación a seguinte persoa deberá repetir a frase co producto mencionado anteriormente mais engadir o que él ou ela desexe mercar... e asó ate que alguén se esqueza do que fai falla na casa.
Podedes repetir o xogo cantas veces queirades e ir variando os productos, hai un sinfín de combinacións.
Ao final do xogo escribide esa lista nun papel, que queremos saber que fai falla e poder añadilo a nosa listaxe.
Vedesvos capaces?... ou nestos dias sen cole imos perdendo memoria?
PROBA CORPO EN FORMA: "Yoga"
Os exames, os deberes, as extraescolares, os horarios e ritmo de vida... e O CONFINAMENTO SOCIAL NO QUE ESTAMOS INMERSOS E INMERSAS fan que os nosos peques sufran de ansiedade mais estres, pero debemos combatilo para sair todos e todas adiante.
É por elo que plantexamos o yoga como un xogo no que hai que estirar o corpo e controlar a respiracion. A traves desta actividade, os cativos e cativas exercitarán a sua respiracion e aprenderan a relaxarse para poder así conbater o estres, as situacions conflictivas e a falta de concentración.
Qué hai que facer? Tes que realizar estas posturas e aguantar nelas durante un mínimo de duas respiracions, estas respiracions deben ser profundas, collendo o aire polo nariz e soltandoo pola boca lentamente. Para pasar dunha postura á outra debes facelo despacio e con calma
Non vos esquezades de estirar antes e despois de facer os exercicios... e esperamos vervos sudar nos vídeos que nos mandedes ☺
No hay comentarios:
Publicar un comentario