viernes, 27 de marzo de 2020

RETO 3



Miña nai querida! temos o nivel moi alto no Anxo da Garda 😉. Por iso o seguinte reto vai ser moi especial e..cargadiño de sorpresas..



MENTE E CORPO EN FORMA: XUNTOS


Desta volta imos facer un dous por un, xa que para superar o reto que imos propoñer precisades ter tanto a mente como o corpo en forma..agora veredes:


Poñédevos guap@s, disfrazádevos co que vos apeteza, invitade aos vosos pais...e cantádenos e bailade a canción de "Xuntos" de Juan Pardo, bueno..non fai falta que cantedes, con que movades os beizos ao son da música chega.



Con todos os vosos videos faremos unha montaxe musical na que prometemos... que haberá algunha sorpresiña!



Xa vedes que fai falla a mente en forma para aprender algún anaco da letra e o corpo en forma para bailala como sabedes. A que esperades?



Seguro que en casa alguén maior coñece a canción 😉, pero por se non é así, aí vai o enlace:




Ánimo, xa estamos á espera das vosas respostas!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario