miércoles, 25 de marzo de 2020

RETO 2


PROBA MENTE EN FORMA : "TRES EN RAIA"

Xa comprobamos que tedes moi claro que hai que quedar na casiña.. Pois imos ver entón se sabedes cómo pasar o tempo coas vosas familias ao mesmo tempo que poñedes en forma a vosa mente. 

Comezaremos con algo moooi sinxelo: o TRES EN RAIA. Non me creo que non teñades ningún na casa porque é moi fácil de facer..Podedes debuxalo, pintalo, facelo nas baldosas da cociña...as fichas ven poden ser fabas ou lentellas, muñecos ou boliñas de plastilina..


A traballar! quero ver como xogades ou como facedes o voso xogo para conseguir puntos para o noso cole e...

....pasade un bo rato con este xogo!!





PROBA CORPO EN FORMA: "CRUZAR O RIO"


Este é un xogo motor que favorece o equilibrio e a coordinación do corpo. É moi importante manter a concentración xa que en calquer momento poderás caer ó río e deberás volver a empezar.

Consiste en “cruzar un río” coa axuda de 3 folios, se non tes folios poderás utilizar calquer obxeto plano (libreta, libro, revista, xornal,…)

Esta actividad realizaremola no pasillo da nosa casa xa que precisamos un espazo sin obstáculos, ¿estas preparado ou preparada?

Xa é hora de comprobar as túas habilidades, coloca dous folios no chan e pon os teus pes sobre eles (cada pé nun folio)

¿Listo? Pois agora toca pensar, 

¿Qué farías co outro folio?

Colocao diante e pasa un dos pes a ese novo folio, recolle o anterior e pono diante, recolle e pon, recolle e pon,…. Así ata que chegues ao final do teu pasillo, espero que non sexa moi longo 😊

Se queres mais emoción reta a alguén da tua familia a cruzar o rio, a ver quen remata antes 😉



Este

No hay comentarios:

Publicar un comentario